Percusión miúda
Madeira, deseño, ritmo e corazón

Somos artesáns, deseñamos, producimos e vendemos

 instrumentos de percusión miúda pero con gran ritmo.

A nosa misión é facer instrumentos musicais para tocar en ambientes festivos 

onde a portabilidade é un factor moi importante, 

ademáis da calidade do son que sempre é e será o factor determinante.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A nosa paixón pola música 


Inspirámonos na música de taberna, as foliadas, os 'seráns' e na música tradicional das festas galegas. O lado identitario da terra tamén nos define. A música tradicional sempre foi un campo onde a comunidade únese, e onde cada un atopa a maneira de expresarse e divertirse achegando o seu ritmo. 

Queremos ser parte de todo iso, contigo.

 

 

Peitoque

Instrumentos inspirados na tradición,
deseñados e producidos
con espírito moderno, festivo e sostible 

Cremos na beleza do artesanal, no valor dos materiais nobres e na responsabilidade co noso planeta. Por iso, cada un dos nosos instrumentos está feito no noso obradoiro, empregando madeiras duras recicladas e acabados de orixe vexetal e con certificación de produción ecolóxica. 

Queremos que a música siga deixando cada vez máis pegadas nos corazóns e menos no ecosistema.

Destacados de Instrumentos de Troula

Coñece máis sobre os nosos produtos e filosofías de traballo.

peitoques

Instrumentos de percusión

Fabricamos instrumentos de percusión de madeira que destacan polo seu son vibrante, beleza e construción artesanal.
 

Mini cajón

Personalizamos

 

Ofrecemos a posibilidade de personalizar os instrumentos: gravamos logos, debuxos, nomes. O limite é a creatividade.

cucharas musicales

Innovación e deseño

Sempre tentamos conxugar    historia, funcionalidade e  deseño para crear pezas únicas e diferentes.


 

Tarrañolas

Paixón polo tradicional

Mantemos vivas e apoiamos as tradicións a través dos   nosos instrumentos.            Temos prezos especiais para asociacións e grupos de    música tradicional.

Comprometidos

O noso compromiso coa nosa contorna e co medio ambiente é firme e total.

maderas

Materiais

Usamos as mellores madeiras posibles para cada un dos nosos instrumentos. Para garantir a sustentabilidade da nosa materia prima obtémola dunha fábrica de instrumentos reciclando pezas que doutra maneira serían refugadas, e así non xeramos máis demanda de madeiras exóticas. Sorteando e eliminando defectos encargámonos de crear as nosas pezas máis fermosas.

Peitoques acabado en aceite

Acabados

Os produtos de acabado dos nosos instrumentos son sostibles. Usamos só aceites e ceras vexetais (tung, linaza e carnauba) e como disolvente un extracto de cascas de cítricos (limoeiro). A calidade do acabado é excelente sen deixar pegadas indesexadas no noso ecosistema.

Mini cajón

Alternativas

Tamén cando temos que empregar alternativas non fraqueamos no noso compromiso: o material do caixón precisa un verniz axeitado, aínda que de síntese vén con certificado de produción ecolóxica e a base de auga.

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.